Serramoura

Serramoura

Poñerse en pé (1x13)


Ημερομηνία προβολής: Δεκ 28, 2014

Un estraño accidente de coche cobrouse unha vítima mortal en “Serramoura”. Ata aquí todo sería, ademais de tráxico, normal. Pero o caso complicarase rapidamente, pois os primeiros indicios levarán á Garda Civil ante a certeza dun novo asasinato. Así pois, se os espectadores da serie da TVG pensaban que, tras solucionar o caso de Mónica Triáns, Diego Bazán ía abandonar a vila, estaban equivocados. Ao sarxento non lle dará tempo nin a pensalo, xa que un novo asasinato obrigarao a prolongar a súa estancia na vila. Unha moza prostituta chamada Araceli será a vítima dun novo caso para a parella de sarxentos Neira-Bazán. Un coche sinistrado en estrañas circunstancias e unha segunda ocupante desaparecida serán as primeiras pistas para a investigación. A trama complícase cando as primeiras pescudas apuntan a un asasino a soldo como posible culpable. Quen puido contratalo? Por outro lado, tras a detención de Gonzalo Soutelo, aos veciños de Serramoura aínda ou lles deu tempo de recobrar a normalidade. Evaristo Fiúza permanece ingresado e debátese entre a vida e a morte. E mentres o seu fillo Román se fai cargo dos seus negocios, a súa esposa Gloria conspira contra el para quedar con todo, tratando de establecer as alianzas máis inesperadas.

  • Πρώτη προβολή: Οκτ 2014
  • Επεισόδια: 173
  • Ακόλουθοι: 1
  • Τελείωσε
  • Televisión de Galicia
  • Κυριακή στο 22