Hospital Real
O proscrito (1x14)
Fecha de emisión: Nov 10, 2015
Os doutores continúan coa investigación das mortes dos bebés orfos, mentres que, despois de descubrir que a súa nai está viva, Clara séntese máis doída e traizoada que nunca. A guerra con Francia faise máis intensa e os primeiros grupos revolucionarios comezan a actuar na cidade. Olalla recibe a visita inesperada de seu irmán Breixo, un encontro que non fará máis que traerlle problemas á enfermeira.
A Irene Forner as cousas tampouco lle van moi ben. A súa bondade fará que se vexa inmersa nun grave problema para ela. A situación na que se atopará a viúva de Cienfuegos viralle ben a certos membros do Cabido.
- Estrenada: May 2015
- Episodios: 15
- Seguidores: 0
- Finalizado
- Televisión de Galicia
- Domingo a las 22