Serramoura
Chantaxe (1x16)
Fecha de emisión: Ene 18, 2015
Un descubrimento de última hora deulle un xiro absoluto á investigación do asasinato de Araceli Marín. Todo apunta a que o infiltrado na Garda Civil é o tenente Tomás Penedo e Marga parece telo acurralado. Pero o enfrontamento, pistola en man, entre a sarxento Neira e o tenente Penedo podería terminar en traxedia. Un disparo con fundido a negro tivo impaciente os espectadores da serie “Serramoura” durante unha semana. Este domingo saberán quen efectuou o disparo e con que consecuencias.
O caso segue aberto e no cuartel saben que necesitan o vídeo, ou polo menos descubrir que contén, para avanzar. Pero Sara manteno no seu poder e dona Teresa parece estar interesada en compralo, xa que o necesita para sacar a Gonzalo do cárcere. Faltan gardas para tanto traballo. Diego Bazán foi suspendido e Asuntos Internos vaino investigar a el e cada un dos casos en que traballou, procesos que agora se atopan na corda frouxa, para desgraza dos seus compañeiros.
Mentres, en casa dos Neira están de parabéns: a familia está máis unida que nunca e Álex e Raquel decidiron mudarse á casa do avó. Arranca así unha convivencia que terá as súas luces e as súas sombras.
Na dos Fiúza, non obstante, as cousas son moi distintas. Evaristo por fin lle plantou cara a Santos: nunca haberá negocios entre eles. O futuro anuncia enfrontamento entre ambos os dous e este non pode acabar ben. Igual que a relación co seu fillo Román, que xa non sabe que facer para gañar a confianza do seu pai.
- Estrenada: Oct 2014
- Episodios: 173
- Seguidores: 1
- Finalizado
- Televisión de Galicia
- Domingo a las 22