Serramoura

Serramoura

Asinado, sarxento Neira (2x6)


Udgivelsesdato: Nov 08, 2015

A familia Pardo abandona definitivamente “Serramoura”. Roque decidiu cederlle a súa parte do negocio a Román e pechar este capítulo da súa vida. A súa muller, María, diralle adeus para sempre a Evaristo, quen foi o seu amor de mocidade. Pero en Serramoura todo tende a complicarse. As despedidas, tamén. Gloria cre descubrir que Evaristo é o asasino de Carme Varela. Pero, se así é, por que o fixo? Para entender o que sucedeu, os espectadores volverán aos anos 80 para descubrilo. Sexa como sexa, a resolución deste misterio está en mans de Evaristo. E, no medio da investigación, Álex regresa á vila. Pero faino ás agachadas, quizais guiada polo seu instinto xornalístico. En que está a traballar a filla de Raquel e Pancho? Que pode ser tan secreto que lle impida, agora que está en Serramoura, visitar á súa propia familia? Moitas cousas cambiaron desde que a moza marchou. E entre as novidades atópase o novo emprego de Santos, que agora traballa para don Amancio, o párroco de Serramoura. Unha estraña alianza que pode ter consecuencias inimaxinables. Alleo a todo isto, Hugo, o home de confianza de Evaristo Fiúza, atópase detido e á espera de xuízo pola suposta violación de Luz, a camareira da taberna.

  • Premieret: Okt 2014
  • Afsnit: 173
  • Følgere: 1
  • Slut
  • Televisión de Galicia
  • Søndag på 22