Serramoura

Serramoura

Guerra (1ª parte) (1x18)


Udgivelsesdato: Feb 01, 2015

Varios meses despois da morte de Gonzalo Soutelo, a situación na vila complicouse considerablemente. Santos e Evaristo están oficialmente enfrontados e este enfrontamento pillou no medio á Garda Civil. O traballo nos montes de Serramoura realízase agora escopeta en man e os límites entre propiedades xa non os marcan os rexistros, senón Evaristo e Santos en persoa. Unha situación extrema que só pode acabar mal, xa que en Serramoura mesturar escopetas e conflitos de lindes supón demasiado perigo, mesmo para a Garda Civil. Pola súa parte, tras pasar por unha investigación por parte de Asuntos Internos, o antes sarxento Diego Bazán foi apartado da Unidade de Investigación. A partir de agora será un garda máis do posto de Serramoura e desenvolverá o seu labor con uniforme, lonxe do traballo que lle gusta. Unha sanción moi leve, se se ten en conta que estaba en xogo a súa expulsión da Garda Civil. Pero a maior novidade produciuse na casa dos Neira, onde Raquel tivo por fin o seu bebé. Unha grande alegría para todos en Serramoura, pero moi especialmente para dona Teresa, avoa do pequeno, inmersa aínda no duelo pola morte do seu fillo.

  • Premieret: Okt 2014
  • Afsnit: 173
  • Følgere: 1
  • Slut
  • Televisión de Galicia
  • Søndag på 22