Du musst angemeldet sein, um Folgen als gesehen zu markieren. Anmelden oder registrieren.
Staffel 1
Ausstrahlung
Dez 19, 2016
O primeiro capítulo narra a chegada de Dalia a Prescedo e o seu establecemento como modista no obradoiro no que xa traballara súa nai, ao que chega a través dunha foto atopada nun
.. show full overview
O primeiro capítulo narra a chegada de Dalia a Prescedo e o seu establecemento como modista no obradoiro no que xa traballara súa nai, ao que chega a través dunha foto atopada nun armario. Unha vez na vila, Dalia traba amizade con Valentina, a filla da dona do obradoiro de costura. Valéndose desta boa relación, a modista trata de conseguir información para coñecer máis sobre o pasado da súa nai e saber que a puido levar a mudar de identidade.
Ausstrahlung
Dez 26, 2016
Dalia acepta o encargo da condesa Avelina de facerlle un vestido para a posta de longo da súa neta Elisa. A costureira acolle a encomenda con discreción e seguridade, e busca a
.. show full overview
Dalia acepta o encargo da condesa Avelina de facerlle un vestido para a posta de longo da súa neta Elisa. A costureira acolle a encomenda con discreción e seguridade, e busca a complicidade de Valentina para confeccionar o vestido da pequena do pazo. Cando están a piques de rematar o modelo, alguén o descobre e o estraga, o que as obriga a arranxalo. O día da festa, Dalia é convidada e asiste acompañada.
Ausstrahlung
Jan 02, 2017
A posta de longo de Elisa Herbaloba estará en boca de todos, sobre todo o marabilloso vestido que levaba a protagonista. Pouco tardará en saberse que non veu desde París, berce da moda,
.. show full overview
A posta de longo de Elisa Herbaloba estará en boca de todos, sobre todo o marabilloso vestido que levaba a protagonista. Pouco tardará en saberse que non veu desde París, berce da moda, senón do obradoiro de Clara. Debido a isto, Formoso, o dono dos grandes almacéns de moda, faille un encargo a Clara, unha colección de lencería feminina, con pase de modelos incluído. Aínda que Clara non semella convencida, acepta o encargo sabendo que non vai ser doado atopar mozas que acepten pasar modelos tan lixeiros.
Ausstrahlung
Jan 09, 2017
Carlos, o marido de Clara, déixase levar por un ataque de ira e destrúe o taller. Coa data de entrega tan preto, Dalia, Clara e Valentina ven difícil cumprir co encargo. Así e todo,
.. show full overview
Carlos, o marido de Clara, déixase levar por un ataque de ira e destrúe o taller. Coa data de entrega tan preto, Dalia, Clara e Valentina ven difícil cumprir co encargo. Así e todo, únense coa vontade de reconstruír o taller e fan colecta popular para atopar teas que reciclar e poder facer os modelos de lencería acordados.Toda a vila se involucra con Clara, e achegan pezas en desuso e de colecta antiga. E precisamente dunha delas xorde o elemento fundamental para dar co responsable do que lle aconteceu á súa nai.
Wenn hier Episoden oder Banner fehlen (und sie existieren auf TheTVDB) kannst du ein komplettes automatisches Update anfordern:
Aktualisierung der Serie beantragen
Aktualisierung beantragt